Miranda: "O Noso Lar de República Dominicana renace como un espazo de encontro e celebración da cultura galega, mirando ao futuro con novas iniciativas e actividades"
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou nun encontro coa colectividade, nun acto organizado polo Centro Galego "O Noso Lar" de República Dominicana, ao que asistou o Embaixador de España na Illa, entre outros invitados.
Miranda lembrou que os centros galegos no mundo son moito máis que lugares de encontro; son faros da nosa cultura, lingua e tradicións, que manteñen viva a esencia de Galicia nas comunidades emigrantes e fortalecen os lazos coas novas xeracións.
Miranda: "O Noso Lar de República Dominicana renace como un espazo de encontro e celebración da cultura galega, mirando ao futuro con novas iniciativas e actividades"
Miranda: "O Noso Lar de República Dominicana renace como un espazo de encontro e celebración da cultura galega, mirando ao futuro con novas iniciativas e actividades"
Miranda: "O Noso Lar de República Dominicana renace como un espazo de encontro e celebración da cultura galega, mirando ao futuro con novas iniciativas e actividades"
Miranda: "O Noso Lar de República Dominicana renace como un espazo de encontro e celebración da cultura galega, mirando ao futuro con novas iniciativas e actividades"
Miranda: "O Noso Lar de República Dominicana renace como un espazo de encontro e celebración da cultura galega, mirando ao futuro con novas iniciativas e actividades"
Miranda: "O Noso Lar de República Dominicana renace como un espazo de encontro e celebración da cultura galega, mirando ao futuro con novas iniciativas e actividades"
Miranda: "O Noso Lar de República Dominicana renace como un espazo de encontro e celebración da cultura galega, mirando ao futuro con novas iniciativas e actividades"
Miranda: "O Noso Lar de República Dominicana renace como un espazo de encontro e celebración da cultura galega, mirando ao futuro con novas iniciativas e actividades"
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro coa colectividade galega na República Dominicana nun acto organizado polo Centro Galego "O Noso Lar", tras varios anos de inactividade. No acto participaron o novo responsable do centro, Antonio Sánchez, o Embaixador de España, Antonio Pérez Hernández, e preto de 200 convidados, entre os que se atopaban empresarios e mozos galegos residentes na Illa.
Miranda animou aos galegos residentes na República Dominicana a participar activamente nas actividades do centro, subliñando a importancia de contar cun espazo de encontro que manteña vivas as raíces galegas e fomente a unión da comunidade. Tamén destacou o compromiso do Goberno galego para apoiar proxectos que promovan a cultura galega no exterior.
O responsable do centro, Antonio Sánchez, agradeceu o apoio recibido e compartiu os plans de futuro da entidade, que inclúen a organización de eventos culturais, formativos e sociais ao longo do ano 2024, co obxectivo de converter "O Noso Lar" nun referente para os galegos da República Dominicana.
A nova xunta directiva do Centro Galego "O Noso Lar" da República Dominicana está formada por Antonio Sánchez Espantoso como presidente, Eduardo Pahino Torres como vicepresidente, Leandro Tajes Grille no cargo de secretario, Manuel Benito Otero Sobrino como tesoureiro, e os vogais Jaime Cruna Corbelle, José Ángel Rozas Ramos e Juan José Leira Álvarez.
Novas relacionadas



