Miranda traslada a Antonio Sánchez o respaldo da Xunta á comunidade de galegas e galegos na República Dominicana

Imaxe da reunión celebrada na sede da SXE na capital de Galicia
Imaxe da reunión celebrada na sede da SXE na capital de Galicia
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 11 de abril de 2023.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión con Antonio Sánchez Espantoso, membro de orixe galega do Consejo de Residentes Españoles (CRE) na República Dominicana, con quen analizou a situación da colectividade española, e en concreto, a galega, neste país caribeño.

O secretario xeral animou á comunidade de galegas e galegos na República Dominicana a traballar xuntos para manter a cultura e tradicións galegas na illa. Tamén comprometeu o respaldo da Xunta para reforzar as actividades que desenvolvan ao longo dos próximos meses e a acompañalas e acompañalos proximamente nalgunha das mesmas. 

330 lecturas