Miranda reúnese co Embaixador de España na República Dominicana para reforzar a colaboración institucional en apoio aos galegos do exterior, con especial atención aos programas de retorno e promoción cultural
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo hoxe un encontro co embaixador de España na República Dominicana, Antonio Pérez-Hernández no que abordaron temas de interese común para a colectividade galega residente no país. Durante a reunión, Miranda subliñou a importancia da colaboración institucional para reforzar o apoio aos galegos que residen fóra das nosas fronteiras, especialmente a través de programas de retorno e de promoción da cultura galega.
A este encontro tamén asistiron a Chanceler da Embaixada de España na República Dominicana, Ana Sánchez e o presidente do Centro Galego "O Noso Lar", Antonio Sánchez Espantoso.
Pola súa parte, o embaixador destacou a relevancia dos centros galegos como espazos de cohesión social e cultural, resaltando o traballo que realizan na preservación da cultura galega e na integración das novas xeracións. Ambos comprometéronse a continuar estreitando lazos para apoiar proxectos que beneficien á comunidade galega na República Dominicana.
Novas relacionadas
 
             
           
               
  		    



