Miranda anima aos galegos e galegas na República Dominicana a culminar o proceso de refundar o seu centro galego

Imaxe da reunión celebrada na sede da SXE na capital de Galicia
Imaxe da reunión celebrada na sede da SXE na capital de Galicia
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2024.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse con Jaime Cruña, secretario da Casa Galega O Noso Lar da República Dominicana. para abordar o futuro do centro galego na República Dominicana. Durante o encontro, Miranda animou aos galegos e galegas residentes neste país a continuar co camiño e rematar co proceso de refundación do centro, destacando a importancia de manter viva a cultura e as tradicións galegas na diáspora.

Miranda comprometeuse a visitar a illa, mostrando así o seu apoio e implicación coas iniciativas da comunidade galega na República Dominicana. Este compromiso reflicte a vontade da Xunta de Galicia de fortalecer os lazos coa emigración galega e apoiar a conservación da nosa identidade cultural fóra das nosas fronteiras.

484 lecturas