Miranda anima ás e aos galegos da República Dominicana a sumarse á iniciativa de recuperación do centro galego da capital deste país
O secretario xeral da Emigración reuniuse con Antonio Sánchez e Eduardo Pahino na sede do departamento do Goberno galego.
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse cos representantes do Centro Gallego da República Dominicana, Antonio Sánchez e Eduardo Pahíno, e animou aos galegos e galegas da República Dominicana a sumarse a esta iniciativa.
No transcurso do encontro trasladáronlle as novidades sobre a nova posta en marcha desta entidade e compartiron os seus proxectos futuros así como a previsión das novas iniciativas e actividades para o ano 2024.
Durante a reunión, Miranda felicitounos polos avances conseguidos e ratificou o seu compromiso de colaboración de cara a conseguir un centro de referencia que promova a cultura galega dende a capital da República Dominicana, onde residen actualmente 2.766 persoas de orixe galega.
Novas relacionadas




