Miranda mantén en Sevilla un encontro co Director Xeral de Andalucía Global para reforzar a cooperación en emigración e retorno

Listen to this page using ReadSpeaker
Sevilla (Andalucía), 3 de marzo de 2026.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo en Sevilla un encontro de traballo co director xeral de Andalucía Global, Jorge Vázquez Calderón, co obxectivo de seguir reforzando a cooperación institucional entre Galicia e Andalucía no ámbito da emigración e do retorno. Durante a reunión, ambos responsables analizaron os retos comúns que afrontan dúas comunidades cunha ampla tradición emigrante e abordaron posibles liñas de colaboración para mellorar a atención ás súas colectividades no exterior.

No transcurso da xuntanza, Miranda destacou a importancia de compartir experiencias e boas prácticas en materia de acompañamento ás persoas retornadas, así como de avanzar nunha coordinación estable entre administracións que permita ofrecer servizos máis eficaces e adaptados ás novas realidades migratorias. O secretario xeral reiterou a vontade da Xunta de continuar fortalecendo esta relación institucional en beneficio da cidadanía galega no exterior.

548 lecturas