Miranda mantén unha reunión de traballo co cónsul xeral do Uruguai en Galicia para seguir fortalecendo a estreita colaboración entre ambos países

Miranda e Bausero, durante a reunión celebrada hoxe na capital galega
Miranda e Bausero, durante a reunión celebrada hoxe na capital galega
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 30 de maio de 2024.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo hoxe un encontro co cónsul xeral do Uruguai en Galicia, Ramiro Rodríguez Bausero, no que analizaron a situación da colectividade galega neste país.

Durante a reunión, ademais de tratar asuntos relativos aos galegos e galegas residentes no Uruguai, avaliáronse xunto ao representante diplomático as políticas de retorno da Xunta de Galicia e os distintos programas da Secretaría Xeral, dando continuidade así á colaboración entre ambas institucións a favor das e dos galegos residentes no país americano e das entidades que os agrupan.

Estas reunións desenvólvense periodicamente debido á estreita relación entre ambos países, froito de moitos anos de camiño conxunto. Cabe destacar que no Uruguai residen preto de 40.000 cidadás e cidadáns galegos, facendo desta comunidade unha das máis importantes da diáspora galega.

731 lecturas