O secretario xeral da Emigración e mailo director xeral de Acción Exterior da Rioxa comparten experiencias na atención á diáspora, e estudarán accións coordinadas no exterior

Miranda e Cerina amosan a súa intención de mellorar a comunicación entre comunidades, dun xeito similar á relación que arestora existe co Goberno do Estado.

  • Miranda (á esquerda) e Cerina (dereita), durante a xuntanza mantida esta mañá en Logroño
    Miranda (á esquerda) e Cerina (dereita), durante a xuntanza mantida esta mañá en Logroño
  • Miranda (á esquerda) e Cerina (dereita), durante a xuntanza mantida esta mañá en Logroño
    Miranda (á esquerda) e Cerina (dereita), durante a xuntanza mantida esta mañá en Logroño
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 15 de abril de 2016.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, realizou unha visitou esta mañá ao director xeral de Acción Exterior do Goberno da Rioxa, Giorgio Darío M. Cerina, nunha xuntanza que tiña por obxecto intercambiar as experiencias de cadanseu departamento na atención ás e aos residentes no Exterior.

Ambos mandatarios expuxeron o traballo que levan realizando na asistencia ás e aos galegos e rioxanos e rioxanas que viven no estranxeiro, coa finalidade de compartir os resultados dos distintos programas desenvolvidos, e poñer en común ideas, proxectos, e propostas novidosas de cara á diáspora.

Este encontro abre unha liña para mellorar a comunicación e estreitar ligazóns entre as distintas comunidades cun peso específico relevante da poboación residente no Exterior, da mesma maneira que xa é arestora habitual e frutífera a relación permanente coa Administración do Estado.

No caso concreto das dúas comunidades autónomas representadas neste encontro, Cerina e Miranda analizaron a posibilidade de profundar no intercambio de experiencias, e valorar a opción de accións de colaboración, para as respectivas comunidades de cidadás e cidadáns rioxanos e galegos na Arxentina, Chile, México e Venezuela, catro dos países que abranguen a meirande presenza de persoas orixinarias das dúas comunidades autónomas.

Tras Vitoria
O encontro co seu homólogo rioxano ten lugar despois de que o secretario xeral da Emigración participase onte á noite no LX aniversario do Centro Galego de Vitoria, nun acto que contou con centenares de participantes, as principais autoridades locais, vascas e galegas, e que estivo presidido polo lehendakari Urkullu e mailo presidente Feijóo.

612 lecturas