Miranda destaca en esRadio que as Oficinas Integrais de Asesoramento ao Retorno acompañaron na súa integración en Galicia a 8.000 galegas e galegos que volveron do exterior durante a pandemia

O secretario xeral da Emigración, en esRadio
O secretario xeral da Emigración, en esRadio
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2021.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, analizou en esRadio e o balance da Estratexia Galicia Retorna que se acaba de facer público, e que permitiu acompañar e axudar dende as Oficinas Integrais de Asesoramento e Seguimento ao Retorno a máis de 8.000 galegas e galegos que volveron entre os anos 2020 e 2021 para facilitar a súa integración en Galicia durante a pandemia. Dende que se puxo en marcha esta iniciativa en 2018, que ten como obxectivo ofrecer ferramentas para facilitar o retorno a Galicia, regresaron á nosa comunidade autónoma 22.000 galegas e galegos do exterior.

  • Audio: Entrevista ao secretario xeral da Emigración en esRadio | Descargar

 

327 lecturas