Miranda interésase pola Casa Galicia das Palmas nun encontro con Marisa González Lagarón, membro da directiva do centro galego

Antonio Rodríguez Miranda e Marisa González Lagarón, durante a reunión na sede de Emigración en Compostela
Antonio Rodríguez Miranda e Marisa González Lagarón, durante a reunión na sede de Emigración en Compostela
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2021.

Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral da Emigración, interesouse pola situación dos galegos e galegas de Gran Canaria a través dun encontro con Marisa González Lagarón, membro da directiva desta agrupación, con quen analizou como se viviu na comunidade canaria a evolución da pandemia e a actual situación de reinicio de actividades.  

Ambos destacaron a estreita conexión que o Xacobeo ten entre Galicia e As Palmas, pola celebración tamén do Ano Santo de Santiago de Gáldar, que conta cun santuario no municipio grancanario do mesmo nome. Miranda e Lagarón destacaron a importancia da colaboración entre ambos para a potenciación dos dous eventos. 

Deste xeito, o secretario xeral continúa a retomar o contacto persoal con representantes das diferentes casas e centros galegos de toda España, así como de América e Europa, tras meses de traballo realizado de xeito telemático polas restricións sanitarias impostas pola pandemia. Estes encontros permiten trasladar ás diversas colectividades, neste caso á das Palmas, o interese da Secretaría Xeral da Emigración pola recuperación completa dos proxectos, iniciativas, actividades e funcionamento dos diferentes centros galegos no mundo.

500 lecturas