O secretario xeral da Emigración analiza cos emigrantes galegos en Canarias a adaptación das súas actividades de Nadal pola pandemia da covid-19

As habituais ceas e cabalgatas de Reis serán substituídas por accións solidarias de recollida de alimentos e regalos para as e os máis pequenos. 

Antonio Rodríguez Miranda, durante a videoconferencia cos representantes das entidades galegas nas Illas Canarias
Antonio Rodríguez Miranda, durante a videoconferencia cos representantes das entidades galegas nas Illas Canarias
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2020.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo hoxe unha reunión de traballo cosas casas e centros galegos de Canarias co obxectivo de coñecer a situación na que se atopan os emigrantes galegos e galegas residentes nestas illas ante a actual situación de pandemia e como a covid-19 está a modificar as próximas actividades que organizan estas asociacións de cara ao Nadal.

Na reunión estiveron presentes Albino Ángel Aneiros Blanco, presidente da Casa de Galicia nas Palmas de Gran Canaria, e Eduado Sánchez Solla, responsable do Centro Gallego de Santa Cruz de Tenerife. 

Durante a reunión, os responsables dos entes galegos nas Illas Afortunadas destacaron a súa decidida aposta por manter as actividades do Nadal, adaptándoas á pandemia actual para minimizar os riscos de contaxio.

Deste xeito, o Centro Gallego de Santa Cruz está a realizar unha recollida de alimentos para entregar ás e aos cidadáns sen recursos, substituíndo así a tradicional cea de Nadal multitudinaria que se organizaba anualmente. 

Por outra banda, na Casa de Galicia das Palmas de Gran Canaria cambiarán a súa famosa Cabalgata de Reis por unha campaña benéfica de recollida de xoguetes e contos, denominada “+que Reyes”, para que ningún neno ou nena quede sen o seu regalo de Nadal. Grazas a esta iniciativa, que xa foi posta en marcha o ano pasado, conseguiuse repartir en 2019 máis de 14.000 xoguetes.

872 lecturas