Emigración concedeu 274 subvencións para Proxectos Culturais e de Funcionamento de Entidades Galegas do Exterior

Este programa contou cun orzamento de 1,54M€ destinados a gastos de funcionamento, proxectos culturais da xuventude e accións de promoción do Ano Santo Xacobeo.

As solicitudes corresponden a centros galegos de 14 países de todo o mundo, así como de 10 comunidades autónomas españolas.

Emigración concedeu 274 subvencións para Proxectos Culturais e de Funcionamento de Entidades Galegas do Exterior
Emigración concedeu 274 subvencións para Proxectos Culturais e de Funcionamento de Entidades Galegas do Exterior
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2022.

A Secretaría Xeral da Emigración aprobou a concesión de 274 solicitudes de entidades galegas do exterior para a realización de proxectos culturais, accións de especial relevancia e promoción do Xacobeo e gastos de funcionamento dentro desta liña de axudas para o presente ano.

Esta orde de axudas contou cun crédito orzamentario de 1,54 millóns de euros, correspondendo aos centros galegos doutras comunidades autónomas, Arxentina, Brasil,  Suíza e Alemaña a maioría das solicitudes. As entidades puideron solicitar ata o 80% da inversión total.

Esta convocatoria conta con tres liñas: funcionamento, a posta en marcha de proxectos e o desenvolvemento de accións relativas ao Ano Santo.

As solicitudes corresponden a centros galegos de 14 países de todo o mundo, así como de 10 comunidades autónomas españolas.

En canto á primeira liña, ten coma obxectivo colaborar no funcionamento das entidades galegas no exterior, de cara a continuar apoiando aos centros nas súas actividades ante os problemas xurdidos coa situación da covid-19 que, nos últimos anos, reduciu enormemente a súa capacidade económica.

En segundo lugar, estas subvencións tamén van dirixidas para a posta en marcha de proxectos culturais, sociais, de accións informativas e actividades promovidas pola xuventude. Finalmente, a terceira liña destas axudas ten como obxectivo axudar para realizar accións de especial relevancia e promoción do Ano Santo Xacobeo.

339 lecturas