Miranda agradece á directiva da Casa de Galicia en Alcorcón o intenso labor que está a desenvolver en Madrid en prol da cultura galega

Imaxe da reunión celebrada na sede da SXE en Santiago de Compostela
Imaxe da reunión celebrada na sede da SXE en Santiago de Compostela
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu hoxe á directiva da Casa de Galicia en Alcorcón, con quen analizou as actividades que están a programar para os próximos meses de cara a continuar promocionando a cultura e a lingua galegas.

Neste senso, Rodríguez Miranda agradeceu o dinamismo desta entidade que, pese á súa xuventude, está a levar a cabo numerosas actividades para dar a coñecer a cultura galega no sur de Madrid, converténdose nun importante revulsivo e foco de atención.

447 lecturas