Miranda: “Valparaíso é un claro exemplo de como a colectividade galega mantén viva a nosa cultura a miles de quilómetros”

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou as instalacións do Centro Galego de Valparaíso, onde se reuniu cos seus responsables e socios para coñecer de primeira man as actividades que esta entidade vén desenvolvendo en apoio á colectividade galega da rexión. Durante o encontro, Miranda puxo en valor o traballo continuado deste centro, que leva máis de tres décadas promovendo a música, a danza, a gaita e a lingua galegas, consolidándose como un referente cultural no ámbito do Estadio Español de Valparaíso.
O responsable da Secretaría Xeral da Emigración destacou que “a traxectoria do Centro Galego de Valparaíso é un exemplo de compromiso coa nosa identidade e de amor pola terra”, e agradeceu o esforzo da súa directiva por manter viva a presenza de Galicia na zona central de Chile. Miranda reiterou o apoio da Xunta a todas as entidades galegas do exterior que, como esta, manteñen viva a cultura galega e fortalecen o vínculo entre Galicia e a súa diáspora.
O secretario xeral mantivo tamén en Chile, unha reunión de traballo no Estadio Español co cónsul honorario de España en Valparaíso, Claudio Gorichón Bengolea, para abordar asuntos de interese da colectividade galega na rexión.
Novas relacionadas