Miranda: “Agradezo ao Lar Galego de Chile e aos seus responsables o seu compromiso coa cultura galega neste país andino”
Santiago de Compostela, 19 de maio de 2025.
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro co presidente da Corporación Lar Galego de Chile, Ricardo González Méndez, no que analizaron a situación actual da colectividade galega neste país andino, así como as actividades que desenvolve esta entidade para manter viva a cultura galega entre os seus socios.
Durante a reunión, Miranda puxo en valor o labor que desenvolve o Lar Galego de Chile desde a súa fundación en 1967, cunha intensa actividade cultural que contribúe a manter viva a cultura galega entre os máis de 4.000 galegos e descendentes residentes no país. A entidade conta con agrupacións folclóricas escolas.
Novas relacionadas




