Miranda inicia mañá unha viaxe a Panamá e México para pulsar a situación das e dos galegos residentes nestes países

O secretario xeral da Emigración participará mañá na cea de gala da Fundación Nosa Terra que forma parte dos actos de homenaxe ás e aos galegos que participaron na construción da Canle de Panamá.

Tamén visitará a Sociedad Española de La Chorrera e a Sociedad Española de Beneficencia, así como manterá reunións coas autoridades españolas no país.

Antonio Rodríguez Miranda finalizará a súa viaxe en México, onde acudirá á maior celebración anual do Centro Gallego deste país, a 'Jira Campestre'. 

Imaxe de arquivo da visita institucional, en maio de 2016, de Alfonso Rueda e Antonio Rodríguez Miranda ao Centro Gallego de México
Imaxe de arquivo da visita institucional, en maio de 2016, de Alfonso Rueda e Antonio Rodríguez Miranda ao Centro Gallego de México
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 27 de abril de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, inicia mañá unha viaxe a Panamá e México para pulsar a situación dos galegos e galegas residentes nestes dous países americanos.

Miranda participará así na cea de gala da Fundación Nosa Terra que forma parte dos actos de homenaxe ás e aos galegos que participaron na construción da Canle de Panamá, e aos que se lles dedicará unha escultura proximamente, nun lugar senlleiro da cidade.

Ademais, durante a viaxe a Panamá tamén manterá reunións coa Sociedad Española de La Chorrera e a Sociedad Española de Beneficencia, así como coas autoridades españolas no país.

O secretario xeral finalizará a súa viaxe en México, onde acudirá á romaría do Centro Gallego de México, a maior celebración anual da colectividade no país azteza e que é coñecida como a “jira Campestre”. Celébrase na sede que a entidade ten no Canal de Chalco, en Iztapalapa, ás aforas da capital do país. 

477 lecturas