Miranda analiza co responsable do Centro Galego de Zug os proxectos culturais para reforzar o vínculo coa terra e divulgar a riqueza cultural galega

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela (A Coruña), 8 de xaneiro de 2025.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión con Manuel Alonso, responsable do Centro Galego de Zug - A Nosa Terra, para abordar as iniciativas que esta entidade suíza está a desenvolver en prol da colectividade galega. Durante o encontro, analizaron a situación actual dos galegos en Zug, así como os proxectos culturais que o centro continúa promovendo para reforzar o vínculo coa súa terra de orixe e dar a coñecer a riqueza cultural galega entre a comunidade local. Miranda reiterou o compromiso da Xunta de seguir colaborando co centro no impulso destas actividades.

Nesta reunión tamén se puxo de manifesto o labor realizado polo Centro entre os galegos residentes e os veciños da localidade, así como a importancia de seguir fortalecendo os lazos da colectividade galega en Suíza, onde residen máis de 40.000 galegos, dos cales máis de 15.000 naceron en Galicia. O responsable de Emigración destacou o papel esencial destas entidades na preservación da cultura galega e na dinamización cultural dos galegos do exterior.

417 lecturas