Miranda e o seu homólogo da Junta de Andalucía recordan o labor decidido de ambas comunidades polo retorno das e dos seus cidadáns do exterior

  • Miranda e Millo, durante a reunión celebrada esta tarde na capital andaluza
    Miranda e Millo, durante a reunión celebrada esta tarde na capital andaluza
  • Miranda e Millo, durante a reunión celebrada esta tarde na capital andaluza
    Miranda e Millo, durante a reunión celebrada esta tarde na capital andaluza
Listen to this page using ReadSpeaker
Sevilla, 10 de xuño de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo esta tarde en Sevilla un encontro de traballo co secretario xeral de Acción Exterior da Junta de Andalucía, José Enrique Millo Rocher, co obxectivo de analizar as políticas de retorno aplicadas por ambas comunidades autónomas, recordando que tanto Galicia como Andalucía están a aplicar medidas decididas para que os seus cidadáns e cidadás residentes no exterior poidan optar por regresar e apostar por unha vida en España.

Miranda e Millo Rocher concordaron que ambas autonomías están a traballar en accións de retorno e buscando a coordinación de actuacións no exterior en materia de apoio das e dos cidadáns destas comunidades, a pesar de que se trata de competencias que debera desenvolver o Estado pero que son inexistentes ou insuficientes. 

303 lecturas