Miranda analiza co presidente da Federación de Centros Españoles de Venezuela as necesidades actuais dos galegos e galegas no país americano

Miranda e González, na sede da SXE na capital de Galicia
Miranda e González, na sede da SXE na capital de Galicia
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 16 de maio de 2024.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu ao presidente da Federación de Centros Españoles de Venezuela, Roberto González, con quen analizou a situación que están a vivir nestes intres as e os españois, e en especial, os galegos e galegas que residen no país.

Rodríguez Miranda volveu ofrecer a total colaboración da Xunta de Galicia e da Secretaría Xeral da Emigración aos galegos e galegas residentes en Venezuela, a través dos propios centros galegos existentes no país e que forman parte da FECEVE. Tamén analizou con González Pérez as liñas de apoio ao retorno nas que traballa o departamento autonómico de cara a dalas a coñecer aínda máis entre a cidadanía galega do país caribeño.

En Venezuela residen actualmente preto de 140.000 españolas e españois, dos que preto de 30.000 son cidadáns e cidadás galegas.

453 lecturas