Miranda e o vicepresidente da Sociedad Española de La Chorrera estudan proxectos de futuro e modernización desta entidade de Panamá

  • Imaxe da reunión celebrada na capital de Galicia
    Imaxe da reunión celebrada na capital de Galicia
  • Imaxe da reunión celebrada na capital de Galicia
    Imaxe da reunión celebrada na capital de Galicia
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2023.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu hoxe ao vicepresidente da Sociedad Española de La Chorrera de Panamá, José Luis Dejuane Mateo, con quen analizou os proxectos de futuro para esta entidade.

Durante a reunión, Miranda trasladoulle a Dejuane o compromiso da Xunta con esta entidade de cara a sacar adiante proxectos de futuro que modernicen e manteñan con vida e promocionen a cultura española, e a galega como parte da mesma.

286 lecturas