Máis de 40 entidades galegas da Arxentina participarán no 'Bos Aires Celebra Galicia'

Tamén se sumarán a esta gran festa da nosa cultura en Bos Aires unha representación da colectividade galega en Chile e Uruguai.

O Municipio de Campana colabora coa cesión do primeiro automóbil fabricado integramente na Arxentina, obra do emigrante galego Manuel Iglesias.

'Bos Aires Celebra Galicia' celebrarase o 14 de setembro
'Bos Aires Celebra Galicia' celebrarase o 14 de setembro
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2014.

Corenta e catro entidades galegas de Arxentina participarán no 'Bos Aires Celebra Galicia' que se celebrará na Avenida de Mayo da Capital Federal o vindeiro 14 de setembro. Tamén se contará cunha representación da colectividade galega de Chile e Uruguai, así como a colaboración do Municipio de Campana (provincia de Bos Aires), quen cederá para a súa exposición o primeiro automóbil fabricado integramente na Arxentina, obra do emigrante galego Manuel Iglesias. Esta gran festa da nosa cultura está organizada polo Goberno da Cidade de Bos Aires, a Xunta de Galicia e a Comunidade Galega na Arxentina, e servirá de promoción da nosa terra nunha das grandes urbes do continente americano e a cidade de fóra de Galicia cun maior número de galegos e galegas.

Así, diversos grupos musicais e teatrais, todos eles vinculados a centros da diáspora, ofrecerán ao longo de todo o día espectáculos de rúa, e tamén nos escenarios, para tódalas idades. As entidades contarán con cadanseu stand, e achegas á festa xeral mediante accións de tipo cultural, gastronómica, ou de proxección exterior de Galicia.

Listaxe completa de institucións participantes:

En imaxes
1445 lecturas