Miranda destaca en Onda Cero que na área da economía e da industria dedicáronse máis de 21 millóns de euros a programas de reforzo para o acompañamento laboral dos retornados e retornadas

As e os retornados víronse beneficiados de programas como Galicia Rural Emprende, que apoiou 22 proxectos con case un millón de euros, e programas de coworking que apostaron por máis de 100 galegas e galegos do exterior.

Favoreceuse o retorno e a consolidación das persoas de alta cualificación a través de programas como o Oportunius, o Principia ou o Talento Sénior.

O secretario xeral da Emigración, no programa La Brújula de Galicia de Onda Cero
O secretario xeral da Emigración, no programa La Brújula de Galicia de Onda Cero
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2021.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, repasou en Onda Cero o balance da Estratexia Galicia Retorna destacando a importancia das medidas na área da economía e da industria para reforzar o acompañamento laboral dos retornados e retornadas.  

Deste xeito, Miranda destacou que as medidas económicas aplicadas a través da Estratexia, como o Galicia Rural Emprende, Oportunius, Principia ou o Talento Sénior permitiu a atracción de talento de galegas e galegos do exterior de alta cualificación, cuns investimentos que superaron os 21 millóns de euros. Deste xeito, as e os retornados víronse beneficiados de programas como Galicia Rural Emprende,  que apoiou 22 proxectos con case un millón de euros, e programas de coworking que apostaron por máis de 100 galegas e galegos do exterior.

Entre outros datos que se desprenden deste balance cabe destacar que dende 2018 retornaron a Galicia 22.000 galegas e galegos do exterior, o 80% deles menores de 65 anos, sendo o 60% menor de 45.  Dende que se puxo en marcha esta iniciativa en 2018, que ten como obxectivo ofrecer ferramentas para facilitar o retorno a Galicia, regresaron á nosa comunidade autónoma 22.000 galegas e galegos do exterior.

  • Audio: Entrevista ao secretario xeral da Emigración no programa La Brújula de Galicia de Onda Cero | Descargar
301 lecturas