Miranda destaca na Cadena Cope que o balance da Estratexia Galicia Retorna revela que o 60% dos galegos e galegas que regresaron dende 2018 son menores de 45 anos

Na foto de arquivo, o secretario xeral da Emigración durante unha entrevista na Cadena Cope
Na foto de arquivo, o secretario xeral da Emigración durante unha entrevista na Cadena Cope
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2021.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, repasou na Cadena Cope o balance da Estratexia Galicia Retorna que se acaba de facer pública e na que, entre outros datos, cabe destacar que o 80% dos galegos e galegas que regresaron dende 2018 son menores de 65 anos, sendo o 60% menor de 45. A idade media das persoas que chegaron a Galicia no ano 2020 foi de 37 anos. Dende que se puxo en marcha esta iniciativa en 2018, que ten como obxectivo ofrecer ferramentas para facilitar o retorno a Galicia, regresaron á nosa comunidade autónoma 22.000 galegas e galegos do exterior.

  • Audio: Entrevista ao secretario xeral da Emigración na Cadena Cope | Descargar
578 lecturas