Galicia gañou poboación no primeiro semestre deste ano segundo o INE, tal e como destacou Rodríguez Miranda en Onda Cero
Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2022.
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, analizou en Onda Cero Galicia os últimos datos do Instituto Nacional de Estatística, INE, que veñen a reflectir que Galicia gañou poboación no primeiro semestre de 2022, grazas a un saldo migratorio positivo de 12.768 persoas.
Rodríguez Miranda destacou que, deste xeito, logrouse reverter, durante os primeiros meses de 2022 o saldo vexetativo negativo da comunidade. Así, Galicia gañou poboación en 1.995 persoas. Seguimos a ser a sexta comunidade autónoma con maior pulo de atracción do exterior e a quinta en atracción de poboación entre comunidades autónomas.
- Audio - Entrevista ao secretario xeral da Emigración en Onda Cero | Descargar
Novas relacionadas




