Miranda destaca o labor da Casa de Galicia de Alcorcón como punto de encontro e difusión da cultura galega en Madrid
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro co presidente da Casa de Galicia de Alcorcón, Julio Carballeira, e coa tesoureira da entidade, Carmen Lamas, no que abordaron a actividade que desenvolve esta asociación e os seus proxectos para continuar achegando a cultura e as tradicións galegas á colectividade residente na Comunidade de Madrid. Miranda destacou o traballo das entidades galegas como espazos de encontro entre xeracións e como referentes para manter vivo o vínculo con Galicia fóra da comunidade.
Durante a reunión, o secretario xeral agradeceu especialmente a implicación da directiva e dos socios da Casa de Galicia de Alcorcón na promoción da cultura galega e trasladou a disposición da Xunta a seguir colaborando co tecido asociativo da diáspora. Miranda salientou que “as casas e centros galegos son fundamentais para manter viva a galeguidade e para facer que Galicia continúe presente alí onde reside a nosa colectividade”, poñendo en valor o seu papel na difusión da cultura, da lingua e das tradicións galegas.
Novas relacionadas




