Miranda destaca o éxito da celebración do Día de Galicia organizado pola Federación de Asociacións Galegas no Uruguai

O secretario xeral da Emigración e a presidenta da Federación de Asociacións Galegas no Uruguai, na sede da SXE en Santiago de Compostela
O secretario xeral da Emigración e a presidenta da Federación de Asociacións Galegas no Uruguai, na sede da SXE en Santiago de Compostela
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 26 de agosto de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse coa presidenta da Federación de Asociacións Galegas no Uruguai, María Gil Pereira, para comentar as actividades que se desenvolveron nesta entidade nos últimos meses. Entre estas iniciativas, destacaron a referida á celebración do Día de Galicia na que tamén participou a delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, a vicepresidenta do país, Beatriz Argimón, e todas as asociacións que conforman a Federación.

Por outra parte, na reunión tamén analizaron a situación actual da entidade e as necesidades que require a colectividade de galegas e galegos do exterior que residen no Uruguai, así como o desenvolvemento de próximas actividades culturais na Federación.

271 lecturas