A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, agradece a participación das institucións galegas de Montevideo no Expo Prado 2023

  • A Vicepresidenta da República, Beatriz Argimón coa delegada da Xunta Elvira Domínguez
    A Vicepresidenta da República, Beatriz Argimón coa delegada da Xunta Elvira Domínguez
  • Centro Pontevedrés de Montevideo
    Centro Pontevedrés de Montevideo
  • A vicepresidenta da República, Beatriz Argimón coa delegada da Xunta Elvira Domínguez
    A vicepresidenta da República, Beatriz Argimón coa delegada da Xunta Elvira Domínguez
  • Autoridades e corpo de baile do Centro Cultural y Recreativo Alma Gallega
    Autoridades e corpo de baile do Centro Cultural y Recreativo Alma Gallega
  • Grupo Xuntos. Centro Social Cultural y Deportivo de Bolos Valle Miñor con Unión Hijos de Morgadanes
    Grupo Xuntos. Centro Social Cultural y Deportivo de Bolos Valle Miñor con Unión Hijos de Morgadanes
  • Coro do Patronato da Cultura Galega
    Coro do Patronato da Cultura Galega
Listen to this page using ReadSpeaker
Uruguai, 11 de setembro de 2023.

A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, agradeceu esta fin de semana a colaboración da Cámara Española e das distintas institucións galegas de Montevideo na Expo Prado 223 organizada pola Federación de Asociaciones Gallegas de Uruguay polos 40 anos do pavillón de España nesta mostra, o que permitiu promocionar Galicia e demostrar a pervivencia da colectividade galega no país do Cono Sur.

Xunto a delegada da Xunta estiveron tamén presentes a vicepresidenta da República, Beatriz Argimón, o conselleiro comercial da embaixada de España, Carlos Domínguez e a conselleira de traballo, migracións e de seguridade social Isabel de Zulueta, e o concelleiro de Cultura, Juan Manuel López Urdiales e, por suposto, o presidente da Federación de Asociaciones Gallegas, Martín Rodríguez Caridad, así como a xerente da Cámara Española, Carmen Miranda. No acto participaron os grupos de baile do Centro Pontevedrés de Montevideo, do Centro Cultural y Recreativo Alma Gallega, do Centro Socio Cultural y Deportivo de Bolos Valle Miñor e da Unión Hijos de Morgadanes, o Club Cultura y Recreativo Hijos de Galicia e o coro do Patronato da Cultura Galega.

194 lecturas