Miranda viaxa a Venezuela para fortalecer os lazos coa comunidade galega e supervisar a xestión das axudas previstas pola Xunta para os galegos e galegas deste país

Esta viaxe  mostra o compromiso continuo da Xunta coa súa comunidade no exterior, neste caso, coas e cos galegos de Venezuela.

Imaxe da visita, neste pasado xullo, do secretario xeral da Emigración a Venezuela
Imaxe da visita, neste pasado xullo, do secretario xeral da Emigración a Venezuela
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2023.

Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral da Emigración, iniciará este mércores unha viaxe a Venezuela co obxectivo de reforzar as relacións coa comunidade galega residente neste país.
 
As reunións planificadas en Caracas con representantes das entidades galegas  centraranse en fortalecer as redes de apoio existentes. Estas buscan seguir impulsando a cooperación e o apoio mutuo entre Galicia e as e os seus emigrantes en Venezuela.
 
Ademais, Miranda fará visitas a entidades galegas situadas en distintos Estados  do país, como o Centro Galego de Puerto La Cruz e o Centro Galego de Maracaibo. 
Tamén participará no acto de “acendido do Nadal” na Hermandad Gallega de Venezuela, un evento que simboliza a unión e o espírito festivo da comunidade.
 
Esta viaxe  mostra o compromiso continuo da Xunta coa súa comunidade no exterior, neste caso, cos galegos e galegas de Venezuela.

205 lecturas