Miranda inicia unha viaxe a Venezuela para fortalecer os lazos coa comunidade galega e supervisar a xestión dos programas de atención ás e aos galegos

Esta viaxe  mostra o compromiso continuo da Xunta coa súa comunidade no exterior, neste caso, cos galegos e galegas de Venezuela.

Imaxe de arquivo dunha visita a Venezuela do secretario xeral da Emigración
Imaxe de arquivo dunha visita a Venezuela do secretario xeral da Emigración
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 25 de maio de 2024.

Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral da Emigración, iniciará este sábado unha viaxe a Venezuela co obxectivo de reforzar as relacións coa comunidade galega residente neste país.

As reunións planificadas en Caracas con representantes das entidades galegas  centraranse en fortalecer as redes de apoio existentes. Estas buscan seguir impulsando a cooperación e o apoio mutuo entre Galicia e as e os seus emigrantes en Venezuela.

Durante a súa viaxe, Miranda tamén se reunirá coas diferentes entidades galegas en Venezuela e coas autoridades españolas para garantir unha boa coordinación coa Xunta a favor dos galegos e galegas. Participará en actos culturais que conmemoran o Día das Letras Galegas, asistencia a unha exposición, e tamén en actividades deportivas, que inclúen unha entrega de premios a un equipo de fútbol sala. Todas estas actividades favorecen a convivencia en favor da galeguidade e serven para afianzar os lazos con Galicia.

Esta viaxe  mostra o compromiso continuo da Xunta coa súa comunidade no exterior, neste caso, cos galegos e galegas de Venezuela.

413 lecturas