Miranda destaca en Lugo o impacto das políticas de Retorno da Xunta, con máis de 3,5 millóns de euros investidos na provincia desde 2018

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, xunto co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe no acto ‘Interculturidade e inclusión. Políticas de Retorno en Lei de Extranxeiría’.

Alí destacou que en 2024 retornaron 914 galegos á provincia de Lugo, consolidando así a tendencia á alza dos últimos anos.

As axudas extraordinarias ao retorno en Lugo superan os 412.000 euros en 2025, beneficiando 133 familias retornadas.

  • Miranda destaca en Lugo o impacto das políticas de Retorno da Xunta, con máis de 3,5 millóns de euros investidos na provincia desde 2018

Listen to this page using ReadSpeaker
Lugo, 15 de decembro de 2025.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, xunto co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe en Lugo no acto Interculturidade e inclusión. Políticas de Retorno en Lei de Extranxeiría, no que puxo en valor o modelo propio de retorno que desenvolve a Xunta a través da Estratexia Galicia Retorna, unha política pública “con ferramentas propias, estrutura estable e resultados contrastados”.

Durante a súa intervención, Miranda subliñou non falamos dun conxunto de axudas illadas, senón dun modelo que acompaña ás persoas desde o momento que se plantean a idea de regresar ata súa plena integración”. No ano 2024 retornaron 914 galegos á provincia de Lugo, consolidando así a tendencia á alza dos últimos anos.

Lugo, exemplo do impacto real do retorno

O secretario xeral destacou a provincia de Lugo como un exemplo claro do impacto destas políticas, tanto en termos demográficos como sociais e económicos. Só no ámbito das axudas extraordinarias ao retorno, Lugo pasou de 13 beneficiarios en 2018 a 133 en 2025, cun investimento que medrou de 23.150 euros a máis de 412.500 euros neste último exercicio. En total, desde 2018 mobilizáronse na provincia máis de 1,7 millóns de euros en diferentes liñas de apoio ao retorno 

Miranda explicou que estas axudas “non son periódicas asistenciais, senón un colchón de estabilidade inicial que permite afrontar os primeiros gastos da volta, como a vivenda, a regularización administrativa ou a integración familiar”, e insistiu en que sen ese apoio inicial “moitos proxectos de vida de retorno terían moitas máis dificultades”.

A Oficina Integral do Retorno, peza clave

Outro dos eixos centrais da intervención foi a Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno, que Miranda definiu como “a columna vertebral da política de retorno da Xunta”. No caso de Lugo, esta oficina pasou de atender apenas 20 consultas en 2019 a máis de 800 en 2025, cun forte incremento da atención presencial e itinerante, especialmente no rural.

“A diferenza doutras políticas, aquí non falamos só de información, senón de acompañamento real e continuado en ámbitos como o emprego, a educación, a sanidade ou a vivenda”, sinalou o secretario xeral, quen lembrou que a rede de oficinas do retorno atendeu xa a máis de 32.000 familias en toda Galicia desde a súa posta en marcha.

Talento novo, emprendemento e futuro

No ámbito da captación de talento novo, Miranda destacou o papel das bolsas BEME, que permitiron que 149 mozos e mozas do exterior cursasen estudos no campus de Lugo desde 2018.

Xunto a isto, o secretario xeral puxo en valor o retorno emprendedor, con máis de 60 proxectos apoiados na provincia desde 2018, a maioría deles vinculados ao rural, así como programas de apoio complementario o retorno empredendor como Merlo, orientados a facilitar a integración profesional de perfís con experiencia internacional.

Unha política de país

Miranda concluíu a súa intervención reivindicando o retorno como “un dereito, vantaxe competitiva e unha ferramenta clave para afrontar o reto demográfico”, e subliñou que Galicia “fixo os deberes” con estratexia, orzamento, estrutura e resultados. Nese sentido, reclamou que o retorno teña tamén un reflexo a nivel estatal, con maior axilidade nos trámites, reforzo da rede consular e unha lei estable de nacionalidade.

“En Galicia o retorno non depende da sorte nin da vontade individual. Depende dunha política pública seria, estable e humana. Iso é o que fai a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración: converter o dereito a volver nun proxecto de vida viable”, concluíu.

341 lecturas