Miranda destaca en esRadio a participación de case 350 galegas e galegos do exterior nos programas de achegamento a Galicia da Secretaría Xeral da Emigración

O secretario xeral da Emigración, nos estudios de esRadio Galicia
O secretario xeral da Emigración, nos estudios de esRadio Galicia
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2023.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, fixo balance dos programas e axudas que este departamento levou a cabo ao longo destes meses en esRadio, destacando o 2023 como o ano de recuperación dos programas de achegamento a Galicia para a colectividade do exterior.

O responsable deste departamento autonómico fixo referencia ás máis de 350 persoas que participaron nos programas de Conecta e Reencontros, organizados pola Xunta que permitiron que mozos e mozas e maiores de 65 anos residentes no exterior puideran coñecer Galicia e visitar as súas cidades e o seu patrimonio cultural. Tamén fixo referencia nesta entrevista á celebración do XIII Consello de Comunidades Galegas que tivo lugar en Ourense no pasado mes de setembro e que permitiu renovar o principal organismo das entidades galegas do exterior.

  • Audio - Entrevista ao secretario xeral da Emigración en esRadio | Descargar
254 lecturas