O secretario xeral da Emigración invita aos galegos e galegas do exterior a participar nos próximos programas de Conecta e Reencontros
Anuncio da convocatoria dos programas Conecta e Reencontros con Galicia e Conecta co Xacobeo
Santiago de Compostela, 6 de abril de 2023.
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, invita a todas as galegas e galegos do exterior interesados en participar nos programas Conecta e Reencontros con Galicia e Conecta co Xacobeo a que estean atentos á apertura das próximas convocatorias, que terán lugar en breve.
Estas iniciativas teñen como obxectivo volver a conectar con Galicia a aquelas persoas de orixe galega que se atopan vinculadas a algún centro do exterior así como coñecer o Camiño de Santiago para posteriormente axudar á súa promoción nos seus países de orixe.
Novas relacionadas