Rodríguez Miranda destacou en esRadio que o 60% das galegas e galegos retornados teñen menos de 45 anos

Antonio Rodríguez Miranda e Ignacio Balboa, nos estudios de esRadio
Antonio Rodríguez Miranda e Ignacio Balboa, nos estudios de esRadio
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, analizou en esRadio os últimos datos do Instituto Nacional de Estatística, INE, que veñen reflectir que Galicia gañou poboación no primeiro semestre de 2022, grazas a un saldo migratorio positivo de 12.768 persoas, incidindo no feito de que o 60% dos galegos e galegas que volven a Galicia teñen menos de 45 anos. 

Rodríguez Miranda destacou que durante os primeiros meses de 2022 logrouse reverter en Galicia o saldo vexetativo negativo. Deste xeito, a comunidade autónoma gañou poboación en 1.995 persoas, continuando a ser a quinta comunidade en atracción de poboación procedente doutras zonas de España e a sexta con maior pulo de atracción do exterior. 

  • Audio - Entrevista ao secretario xeral da Emigración en esRadio | Descargar
438 lecturas