Miranda coñece a nova imaxe da sede do Centro Gallego de Madrid que permite achegar achegar Galicia aos madrileños e madrileñas e visitantes da cidade
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou hoxe a sede do Centro Gallego de Madrid, situado nun lugar privilexiado na rúa Carretas e praza Jacinto Benavente da capital, que recentemente reformou a súa imaxe exterior de cara á súa modernización e tamén para achegar Galicia e o Xacobeo aos madrileños e madrileñas. Na visita, o secretario xeral estivo acompañado da directiva da entidade.
Deste xeito, o Centro Gallego de Madrid incorpora fotografías en metacrilato ao longo da súa fachada, con imaxes que recordan as catro provincias galegas, trasladando tanto aos seus socios e socias, como a madrileños e madrileñas e turistas, a beleza das nosas praias, da Ribeira Sacra e do senlleiro patrimonio de Galicia, incorporando unha mensaxe que anima a realizar o Camiño de Santiago.
Novas relacionadas





