A Ribeira Sacra acolle a visita das e dos galegos do exterior do programa Reencontros acompañados polo secretario xeral da Emigración

Nesta iniciativa participan preto de 140 galegas e galegos do exterior de máis de 65 anos vinculados a entidades de todo o mundo.

  • Imaxe da visita de hoxe á Ribeira Sacra
    Imaxe da visita de hoxe á Ribeira Sacra
  • Imaxe da visita de hoxe á Ribeira Sacra
    Imaxe da visita de hoxe á Ribeira Sacra
  • Imaxe da visita de hoxe á Ribeira Sacra
    Imaxe da visita de hoxe á Ribeira Sacra
  • Imaxe da visita de hoxe á Ribeira Sacra
    Imaxe da visita de hoxe á Ribeira Sacra
Listen to this page using ReadSpeaker
Ribas de Sil (Ourense), 9 de novembro de 2022.

As e os participantes do programa Reencontros co Xacobeo da Secretaría Xeral da Emigración foron hoxe recibidos no Mosteiro de Santo Estevo, en Ribas de Sil, polo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, quen os acompañou na visita realizada á Ribeira Sacra.  

Esta iniciativa ten como obxectivo promover os lazos con Galicia e coa súa cultura a través do Camiño de Santiago das persoas de entre máis de 65 anos vinculadas ás entidades galegas do exterior.    

Durante o día de hoxe, no que realizaron un alto no camiño para coñecer a Ribeira Sacra que é reserva da biosfera, trasladaron ao secretario xeral o agradecemento á Xunta de Galicia por desenvolver unha iniciativa coma esta que lles permitiu volver á terra para coñecer o Camiño de Santiago e, posteriormente, difundilo nos seus países de residencia. 

O grupo, procedente de diferentes países de América e Europa, así como de distintas comunidades autónomas, está a realizar pequenos tramos da ruta do Camiño Portugués, dada a elevada idade dalgún dos e das participantes, ata chegar o próximo domingo ata a praza do Obradoiro.  

O obxectivo é que, unha vez vivida a experiencia, as e os participantes colaboren como axentes activos na promoción e difusión do Camiño de Santiago e do fenómeno do Ano Santo Xacobeo nos lugares en que os centros teñen a súa sede.

370 lecturas