Miranda reúnese co Embaixador de España en Panamá: “Traballar man a man coa Embaixada permítenos reforzar o apoio aos galegos en Centroamérica”

  • Miranda reúnese co Embaixador de España en Panamá: “Traballar man a man coa Embaixada permítenos reforzar o apoio aos galegos en Centroamérica”

Listen to this page using ReadSpeaker
Panamá, 26 de xuño de 2025.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo esta tarde un encontro co embaixador de España en Panamá, Guzmán Palacios, no que abordaron temas de interese común para a colectividade galega residente no país. Durante a reunión, Miranda subliñou a importancia da colaboración institucional para reforzar o apoio aos galegos que residen fóra das nosas fronteiras, especialmente a través de programas de retorno e de promoción da cultura galega.

Miranda destacou o compromiso da Xunta de Galicia cos galegos do exterior e destacou o papel activo que desempeñan as entidades galegas en Panamá na conservación da identidade cultural e na integración das novas xeracións. Ambos coincidiron na necesidade de continuar traballando conxuntamente para impulsar iniciativas que beneficien á comunidade galega no país centroamericano.

212 lecturas