Miranda asiste na capital uruguaia á tradicional romaría popular do Centro Gallego de Montevideo
Montevideo (O Uruguai), 18 de marzo de 2019.
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, puxo fin á súa viaxe a Suramérica, a segunda deste ano logo da súa visita a Venezuela no mes de xaneiro, asistindo á celebración da tradicional romaría popular organizada polo Centro Gallego de Montevideo. A cita congrega cada ano milleiros de galegas e galegos e socias e socios da entidade galegouruguaia na sede que a institución ten no Parque Social e Polideportivo de Carrasco da capital do Uruguai.
Novas relacionadas





