A delegada da Xunta no Uruguai acompaña aos galegos e galegas do Centro Pontevedrés de Montevideo na celebración da súa romaría
Montevideo (O Uruguai), 14 de febreiro de 2023.
A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu á romaría organizada polo Centro Pontevedrés de Montevideo acompañando a máis dun centenar de galegas e galegos socios desta entidade neste evento tradicional.
Durante o mesmo, o Centro Pontevedrés ofreceu unha demostración da gastronomía galega como carne ao caldeiro, polbo á feira ou sardiñas asadas. A degustación correu a cargo de dúas cociñeiras do concello pontevedrés de Poio que viaxaron ata Montevideo para o evento.
Novas relacionadas





