Miranda inicia a súa viaxe segunda viaxe do ano a Suramérica en Cuba, para recalar máis tarde na Arxentina e O Uruguai

O secretario xeral da Emigración reunise co embaixador e co consejero cultural españois antes de manter un encontro coas e cos presidentes dos centros galegos e os coordinadores e coordinadoras das distintas provincias da illa. 

  • En Cuba residen, segundo os últimos datos oficiais publicados, a data 1 de xaneiro de 2018, un total de 41.114 cidadás e cidadáns galegos
    En Cuba residen, segundo os últimos datos oficiais publicados, a data 1 de xaneiro de 2018, un total de 41.114 cidadás e cidadáns galegos
  • En Cuba residen, segundo os últimos datos oficiais publicados, a data 1 de xaneiro de 2018, un total de 41.114 cidadás e cidadáns galegos
    En Cuba residen, segundo os últimos datos oficiais publicados, a data 1 de xaneiro de 2018, un total de 41.114 cidadás e cidadáns galegos
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2019.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, vén de iniciar a súa segunda viaxe do ano a Suramérica, logo de visitar Venezuela a mediados de xaneiro, en Cuba. Desde alí porá rumbo a continuación á Arxentina e, máis tarde, ao Uruguai. O responsable do departamento centrou a primeira parte desta primeira parada a manter unha reunión co embaixador de España en Cuba, Juan Fernández Trigo, trala que mantivo un encontro co consejero cultural da Embaixada de España na illa, Jorge Peralta Momparler. 

En ambas xuntanzas, os representantes do Goberno galego e os do central puxeron en común as diferentes actuacións que as Administracións están levando a cabo no país dirixidas aos españois e españolas, e nomeadamente os galegos e galegas, que residen na illa. Este encontro enmárcase dentro das relacións de estreita colaboración que ambas institucións manteñen no seu labor en prol das e dos cidadáns con nacionalidade española que viven en Cuba.

A axenda oficial de Miranda continuou á tarde coa reunión que mantivo coas e cos presidentes dos centros galegos e os coordinadores e as coordinadoras das distintas provincias de Cuba, que están a realizar un traballo fundamental de apoio para o desenvolvemento dos distintos programas coordinados pola Secretaría Xeral da Emigración no país centroamericano.

Gran maioría de descendentes
En Cuba residen, segundo os últimos datos oficiais publicados, a data 1 de xaneiro de 2018, un total de 41.114 cidadás e cidadáns galegos, dos que só 420, menos do 1%, foron nados en Galicia. O resto, o 99% restante, son descendentes de emigrantes que naceron xa no seu país de destino.

622 lecturas