Miranda despide en Ourense aos socios e socias do Centro Galego de Santander, que poñen fin na capital ourensá á súa visita a Galicia
Ourense, 4 de outubro de 2018.
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu esta mañá en Ourense aos socios e socias do Centro Galego de Santander, con quen mantivo un breve encontro. Alí recibiunos o alcalde da cidade das Burgas, Xesús Vázquez, quen lles explicou a historia do edificio que acolle a Casa Consistorial e invitounos a visitar o salón de plenos do Concello de Ourense. A visita que as e os membros da entidade cántabra están a realizar desde principios de semana a Galicia tivo, así, o seu punto final na capital ourensá, onde xantaron antes de partir de novo rumbo a Santander.
Novas relacionadas