Miranda asiste á celebración do Día de Portugal organizada polo Viceconsulado do país luso en Vigo
Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2018.
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu esta tarde á celebración do Día de Portugal, Camões e das Comunidades Portuguesas, que organiza o Viceconsulado do país veciño en Vigo. Ao acto, que tivo lugar no Liceo de Ourense, tamén acudiron, ademais, do vicecónsul de Portugal en Galicia, Manuel Correia da Silva, outras autoridades e representantes de quince Cámaras Municipais do país luso. O programa, que se desenvolve na capital ourensá por segundo ano consecutivo, inclúe actividades musicais e gastronómicas, entre outras.
Novas relacionadas




