Miranda clausura en Lisboa un coloquio internacional que puxo en valor os séculos de relación migratoria e cultural entre Galicia e Portugal

O secretario xeral da Emigración reafirmou o apoio da Xunta a iniciativas que promovan a historia da memoria de convivencia e a cooperación académica transfronteiriza.

O encontro reuniu expertos de ambas beiras do Miño para analizar o legado da emigración galega e os vínculos culturais compartidos.

  • Miranda clausura en Lisboa un coloquio internacional que puxo en valor os séculos de relación migratoria e cultural entre Galicia e Portugal
    Miranda clausura en Lisboa un coloquio internacional que puxo en valor os séculos de relación migratoria e cultural entre Galicia e Portugal
  • Miranda clausura en Lisboa un coloquio internacional que puxo en valor os séculos de relación migratoria e cultural entre Galicia e Portugal
    Miranda clausura en Lisboa un coloquio internacional que puxo en valor os séculos de relación migratoria e cultural entre Galicia e Portugal
Listen to this page using ReadSpeaker
Lisboa (Portugal), 11 de abril de 2025.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou esta tarde na clausura do Colóquio Internacional “Cruzamentos Galiza-Portugal: Redes migratórias e culturais”, celebrado na Universidade Nova de Lisboa e no Centro Galego de Lisboa, co apoio da Xunta de Galicia.

Este encontro reuniu durante dúas xornadas a investigadores e especialistas de distintas universidades de Galicia, Portugal e América Latina para analizar en profundidade as migracións históricas de galegos cara ao territorio portugués e as múltiples interaccións culturais xeradas ao longo dos séculos.

Durante o acto de clausura, Miranda destacou que “a migración galega non só explica parte do noso pasado, senón que constrúe pontes de presente e futuro entre pobos irmáns como Galicia e Portugal”. Ademais, puxo en valor o esforzo organizativo e a calidade das achegas académicas, asegurando que “eventos como este consolidan un espazo común de reflexión e cooperación”.

No marco do coloquio, tamén se inaugurou a exposición “Cantantes Líricas Galegas dos Séculos XIX e XX: De Galicia aos teatros de Europa e América”, que recupera o legado de máis de vinte mulleres galegas que triunfaron na lírica internacional.

A Secretaría Xeral da Emigración reafirmou o seu compromiso co apoio a proxectos culturais e académicos que poñan en valor a historia da diáspora galega e reforcen os vínculos internacionais da comunidade galega.

473 lecturas