Rodríguez Miranda e Pereira Carneiro clausuran o primeiro Cumio Luso-Galaico “Proxecto Eurocidade 2016”

O secretario xeral da Emigración da Xunta e o secretario de Estado de Comunidades do Goberno portugués deron respaldo oficial ás autoridades locais no primeiro encontro transfronteirizo entre Salvaterra do Miño e Monçâo.

A xornada versa en torno ás “Expresións de cidadanía en feminino nun mundo de igualdade sen fronteiras”.

  • O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, hoxe en Monçao
    O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, hoxe en Monçao
  • O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o secretario de Estado de Comunidades Portuguesas hoxe en Monçao
    O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o secretario de Estado de Comunidades Portuguesas hoxe en Monçao
  • O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o secretario de Estado de Comunidades Portuguesas hoxe en Monçao
    O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o secretario de Estado de Comunidades Portuguesas hoxe en Monçao
  • O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o secretario de Estado de Comunidades Portuguesas hoxe en Monçao
    O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o secretario de Estado de Comunidades Portuguesas hoxe en Monçao
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 9 de abril de 2016.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e mailo secretario de Estado de Comunidades Portuguesas do Goberno do país veciño, José Luís Pereira Carneiro, clausuran esta tarde en Salvaterra do Miño o I Cumio Luso Galaico “Proxecto Eurocidade 2016”.

O evento inaugúrano os rexedores das dúas localidades que forman parte do proxecto, o alcalde do Concello de Salvaterra de Miño, Arturo Grandal, e o presidente da Cámara Municipal de Monção, Augusto Domingues. Asemade, e en torno a respectivos paneis, participan diversas e destacadas personalidades dos ámbitos universitario, artístico e socio económico.

Este primeiro cumio transfronteirizo destas dúas localidades desenvólvese baixo o lema “Expresións de cidadanía en feminino nun mundo de igualdade sen fronteiras” e intenta, segundo os organizadores, “reforzar identidades e solidificar as relacións culturais e de cidadanía entre as dúas rexións”. A temática versa en torno á igualdade de xénero, a emigración e as mulleres na arte e na historia ó longo dos anos.

Muller e diáspora galega
O secretario xeral da Emigración centrará a súa alocución en reivindicar o que “case ninguén recorda, ou sequera imaxina: o íntimo, calado, abnegado, terrible inferno cotián das mulleres emigrantes, ou das mulleres dos emigrantes. Elas soas, sen apoio de ninguén, sacaban adiante esa intrahistoria cotiá de milleiros de familias nunha Galicia, interior e exterior, asolagada pola miseria, que nada tiña que ver coa que agora coñecemos e gozamos. Delas, desas heroínas anónimas perdidas nas páxinas marxinais do pasado, é hora de lembrarnos”, segundo afirmará Rodríguez Miranda na clausura do evento.

O máximo mandatario autonómico en materia de Emigración tamén asegurará que “a vivenda, o universo no que a Galeguidade agromou en segundas e terceiras xeracións; o fogar, onde Galicia seguía viva nos costumes, na fala, no calendario, nas festas; a casa, o único lugar onde o emigrante podía dar renda solta á súa idiosincrasia; a familia, o cosmos onde o sentimento de pertenza a unha terra ten sentido... Pois ben, a vivenda, o fogar, a casa, a familia, estaban en mans das mulleres. Estiver esta casa na Galicia territorial ou, nos contados casos en que a dona acompañaba ao home na diáspora, en calquera lugar do mundo”.

Neste mesmo senso, Miranda lembra que no Plan Integral de Emigración 2014-2016 redactado polo seu departamento si estaba xa recollido literalmente este recoñecemento: “A representación dos intereses dos emigrantes galegos converteuse [historicamente] nunha cousa de homes, e as nosas mulleres, na súa maioría, desenvolveron o papel máis ingrato pero o máis efectivo na salvagarda da esencia da galeguidade: transmitírona a fillos e netos. Eses fillos e netos que nos demandan o seu lugar no seo da Galeguidade porque, como eles mesmos manifestan, aprendérona das súas nais e avoas”, segundo reza o texto oficial do devandito documento, como lembra Rodríguez Miranda.

O secretario Xeral sinalou que desde a Secretaría Xeral da Emigración levamos tempo dando soporte e axudando, na nosa modesta capacidade, a canta iniciativa promulgue esas voces caladas do noso pasado; potenciando a equidade real no mundo da Galeguidade; e, sobre todo, promovendo a visibilidade da muller nas comunidades galegas asentadas en países no que o concepto de igualdade ten aínda máis tramo por percorrer ca en Europa.

Por iso un dos relatorios do vindeiro Consello de Comunidades Galegas, máximo órgano de representación da nosa diáspora, que se reúne a finais deste mes de maio na Habana, e dentro do relatorio de Galeguidade, someterase a debate un texto no que se sinala a necesidade  de aumentar cuantitativa e cualitativamente a participación das mulleres galegas no exterior no ámbito da Galeguidade.

Paneis
Ademais das autoridades locais, galega e nacional portuguesa, na xornada están presentes profesoras e profesores da universidade de Porto e destacadas activistas do movemento pola igualdade, en Galicia e Portugal, nos ámbitos artístico, educativo e socio sanitario. Os dous paneis sobre os que pivota este primeiro cumio son a “Interacción entre xéneros na literatura, historia e arte”, e “Eurocidades: Por unha cultura da igualdade”.

749 lecturas