Miranda asiste ao espectáculo “Idioma da tinta” de Yolanda Castaño e Isaac Garabatos no Centro Galego de Álava

Trátase dunha representación que une poesía e música coa que o centro vasco celebra xunto á Secretaría Xeral da Emigración o Día das Letras Galegas.

  • Imaxe da celebración deste mediodía na sede da entidade galega en Vitoria
    Imaxe da celebración deste mediodía na sede da entidade galega en Vitoria
  • Imaxe da celebración deste mediodía na sede da entidade galega en Vitoria
    Imaxe da celebración deste mediodía na sede da entidade galega en Vitoria
  • Imaxe da celebración deste mediodía na sede da entidade galega en Vitoria
    Imaxe da celebración deste mediodía na sede da entidade galega en Vitoria
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 23 de maio de 2021.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu esta mañá, no Centro Galego de Álava, á representación do espectáculo Idioma da tinta da poetisa Yolanda Castaño e o músico Isaac Garabatos.

Con esta obra, organizada pola Secretaría Xeral da Emigración e o Centro Galego de Álava, celébrase o Día das Letras Galegas, e está protagonizada por Yolanda Castaño, un dos rostros máis populares e internacionais da poesía galega, e o vigués Isaac Garabatos, un dos mellores e máis versátiles músicos galegos contemporáneos.

“Agradezo enormemente ao centro de Áraba a súa implicación nestes actos, xa que é un xeito moi fermoso de celebrar o noso Día das Letras Galegas a través dun espectáculo que fai fincapé na poesía, un dos xéneros preferidos de Xela Arias, a escritora a quen se dedicou este Ano”, explicou Miranda, quen engadiu que “demostrase así que a poesía galega actual ten moitísimo que aportar e é capaz de vertebrar un espectáculo emocionante, cheo de calidade artística e boa factura”.

O Centro Galego de Álava creouse en 1955 co obxectivo de axudar aos galegos e galegas que decidiron comezar unha nova vida na comunidade autónoma vasca, e conta na actualidade con 344 persoas asociadas. A súa sede ten unha biblioteca con máis de 3.000 volumes, salón de ensaios, txoko, oficinas, aulas de obradoiros, bar-restaurante e salón de actos. 

Conta ademais, con dous grupos folclóricos, “O Aturuxo” e “Arte Galega”, unha escola de música e baile e un equipo deportivo. Anualmente desenvolven máis de 30 actividades con máis de 3.000 participantes. 

969 lecturas