Yolanda Castaño protagoniza, xunto ao músico Isaac Garabatos, o recital poético co que Emigración homenaxea a Xela Arias polo Día das Letras Galegas

Trátase dun recital poético cargado de expresividade a través do cal se enxalza a figura da escritora á que se dedica este ano o 17 de maio.

As galegas e galegos do exterior que desexen velo poden facelo a partir das 14 horas de mañá, luns, (hora de España).

Yolanda Castaño e Isaac Garabatos
Yolanda Castaño e Isaac Garabatos
Especial Letras Galegas 2021
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 16 de maio de 2021.

A Secretaría Xeral da Emigración continúa a desenvolver os actos polo Día das Letras Galegas, neste caso, coa proxección dun vídeo sobre Xela Arias a cargo da poeta Yolanda Castaño acompañada do músico Isaac Garabatos.

Deste xeito, un dos mellores e máis versátiles músicos galegos contemporáneos, o vigués Isaac Garabatos, únese ao rostro máis popular e internacional da poesía galega, Yolanda Castaño, nunha interpretación poética chea de emocións e sutil elegancia que se poderá ver nas redes sociais da Secretaría Xeral a partir das 14 horas de mañá, luns (hora de España). 

A Secretaría Xeral da Emigración continúa así coa serie de actividades culturais en honor a Xela Arias que permitirán gozar aos galegos e galegas do exterior de obras de teatro, recitais poéticos e a publicación dunha banda deseñada para as e os máis pequenos.

687 lecturas