A Secretaría Xeral da Emigración ofrece a reprodución dos actos de celebración do Día das Letras Galegas do Lar Galego de Pamplona

Ademais dun vídeo resumo, as e os interesados poderán acceder ás gravacións da conferencia da poetisa Yolanda Castaño sobre Xela Arias, e ao espectáculo “Idioma da Tinta” no que colaborou tamén o músico Isaac Garabatos.

Imaxe do espectáculo poético-musical 'Idioma da tinta'
Imaxe do espectáculo poético-musical "Idioma da tinta"
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2021.

A Secretaria Xeral da Emigración ofrece a reprodución dos actos de celebración do Día das Letras Galegas do Lar Galego de Pamplona que se desenvolveu recentemente na Sala de Armas da Ciudadela.

A través de YouTube poderase acceder á conferencia completa pronunciada pola poetisa Yolanda Castaño sobre a vida e obra de Xela Arias, escritora a quen se dedica o Día das Letras Galegas 2021

A maiores, tamén se poderá desfrutar da gravación do espectáculo “Idioma da Tinta” que a propia Yolanda Castaño desenvolveu xunto ao músico Isaac Garabatos. 

A comunidade galega en Pamplona celebrou o Día das Letras Galegas ofrecendo un recital aberto a toda a cidadanía, cargado de expresividade, calidez e sutil elegancia, conmemorándose á vez tamén o septuaxésimo aniversario da entidade.

O Lar Galego de Pamplona creouse en 1951 co obxectivo de axudar aos galegos e galegas que decidiron comezar unha nova vida na comunidade autónoma navarra, e conta na actualidade con 270 persoas asociadas. 

336 lecturas