Miranda preside a celebración dos actos do Día das Letras Galegas na Ciudadela de Pamplona, no septuaxésimo aniversario do Lar Galego
Na celebración rendiuse unha homenaxe ás e aos 14 presidentes da historia do Lar Galego de Pamplona.
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presidiu esta tarde, na Sala de Armas de la Ciudadela de Pamplona, os actos polo Día das Letras Galegas que organiza a propia Secretaría Xeral e o Lar Galego desta localidade, durante os que se representou o espectáculo Idioma da tinta da poetisa Yolanda Castaño e o músico Isaac Garabatos.
Deste xeito, a comunidade galega en Pamplona celebra o Día das Letras Galegas, ofrecendo un recital aberto a toda a cidadanía, cargado de expresividade, calidez e sutil elegancia. Unha experiencia estética e emocional, multiartística e distinta, a cargo dun dos rostros máis populares e internacionais da poesía galega, Yolanda Castaño, ao que se une neste espectáculo o músico vigués Isaac Garabatos.
Ademais, durante o acto tamén se fixo unha homenaxe ás e aos 14 presidentes que tivo o centro dende o seu nacemento, así como ao socio de maior idade, Lino Vázquez, a dous dos seus socios colaboradores e ao adestrador do equipo de fútbol do Lar Galego de Pamplona, Manolo Requeijo. Conmemorouse así o septuaxésimo aniversario da entidade.
O Lar Galego de Pamplona creouse en 1951 co obxectivo de axudar aos galegos e galegas que decidiron comezar unha nova vida na comunidade autónoma navarra, e conta na actualidade con 270 socias e socios. A súa sede ten unha biblioteca con máis de 3.000 volumes, local social, cociña e bar-restaurante.
Conta ademais, con tres grupos folclóricos, “Os fillos de Breogán”, “Lusquefusque” e “Xoaniña”, unha escola de gaita e un equipo de fútbol e un equipo deportivo. Tódolos anos celebran o Día das Letras Galegas, a Semana Cultural, o Chupinazo a Santiago, queimadas e verbenas, exposicións, campionatos, verbenas e outras festas tradicionais galegas.
Novas relacionadas






