Miranda analiza cos galegos e galegas dos Estados Unidos, México e Canadá a situación da colectividade en plena crise da COVID-19

  • Imaxe da videoconferencia do secretario xeral da Emigración cos e coas representantes das entidades galegas en América do Norte
    Imaxe da videoconferencia do secretario xeral da Emigración cos e coas representantes das entidades galegas en América do Norte
  • Imaxe da videoconferencia do secretario xeral da Emigración cos e coas representantes das entidades galegas en América do Norte
    Imaxe da videoconferencia do secretario xeral da Emigración cos e coas representantes das entidades galegas en América do Norte
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 26 de abril de 2020.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro telemático cos galegos e galegas dos Estados Unidos, México e Canadá para seguir de preto e de xeito continuo a situación na que se atopa a colectividade nos tres países de América do Norte en plena crise do coronavirus. Malia compartir continente e hemisferio, a realidade social e sanitaria destes tres países nesta pandemia é moi diferente, polo que o departamento autonómico está a facer un seguimento periódico de cada un deles. O titular de Emigración amosou o apoio da Secretaría a todos as persoas de orixe galega, e ás entidades galegas como centros de referencia, e expuxo as medidas que está a estudar o Goberno galego para paliar as consecuencias negativas que a amenaza da COVID-19 está a deixar tras de si. 

A videoconferencia contou coa participación de representantes do Centro Gallego de México, Unidad Gallega de los EE.UU. de América (Casa de Galicia), Centro Ourensano Social Club, Casa de Santa Marta de Ortigueira en Miami, La Nacional Spanish Benevolent Society, Club España de Newark, Círculo Español de Queens. Os Estados Unidos e México ocupan, respectivamente, o sétimo e o undécimo lugar na listaxe de países do mundo con maior presenza galega, con 22.527 e 14.759 cidadás e cidadáns galegos. 

En imaxes
414 lecturas