Miranda percorre a realidade das e dos galegos de Suíza e Francia, os dous países europeos con maior presenza galega, xunto a Liechtenstein nesta pandemia a través de videoconferencia

O secretario xeral da Emigración conclúe así esta nova rolda de contactos coa colectividade galega de Europa, logo de manter un encontro telemático previo coa de Alemaña, Reino Unido e Portugal.

Imaxe da videoconferencia do secretario xeral da Emigración cos e coas representantes das entidades galegas de Suíza, Francia e Liechtenstein
Imaxe da videoconferencia do secretario xeral da Emigración cos e coas representantes das entidades galegas de Suíza, Francia e Liechtenstein
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 21 de abril de 2020.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, quixo facer un percorrido pola realidade da colectividade galega en Europa nesta crise que o coronavirus está a causar en todo o mundo con diferente intensidade. Así, logo dun encontro telemático cos galegos e galegas de Alemaña, Reino Unido e Portugal, o titular do departamento autonómico celebrou unha videoconferencia cos e coas de Suíza, Francia e Liechtenstein. Os dous primeiros países destacan por ser os Estados do Vello Continente cunha maior presenza galega, ocupando o primeiro e segundo posto, respectivamente, na listaxe de habitantes de orixe galega empadroados.

Suíza, receptor histórico da emigración galega, nomeadamente na segunda metade do século, acubilla hoxe un total de 41.106 habitantes de orixe galega, erixíndose no quinto país do mundo con máis presenza galega. Francia, pola súa banda, ocupa o oitavo lugar na listaxe mundial con 19.362, por diante doutros como Alemaña ou o Reino Unido. A xuntanza virtual serviu, ademais, para recoller as distintas necesidades e situacións dos centros galegos situados nestes territorios. 

Máis dunha decena de entidades
A videoconferencia contou coa representación da Asociación Rosalía de Castro de Berna, o Centro Galego de Lucerna, a Promoción da Cultura Galega, a Asociación Cultural Galega “A Roda”, a asociación “As Xeitosiñas” Grupo de Baile e Banda de Gaitas de Zurich, o Centro Recreativo Cultural Ourense, a Sociedade A Nosa Galiza, a Sociedade Galega Sementeira, o Centro Galego de Olten, a Peña Española de Grabs, Val do Rhin, o Centro Gallego de Marsella e o Centro Español Apóstol Santiago de Liechteinstein.

En imaxes
376 lecturas