O secretario xeral da Emigración participa no encontro informativo das e dos empresarios galegos en México organizado por UMEGAL
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou nas últimas horas no encontro informativo das e dos empresarios galegos en México organizado por UMEGAL (Unión Mexicana de Empresarios Gallegos), entidade presidida por Manuel Ángel Hermida.
UMEGAL é unha asociación de empresarias e empresarios galegos radicados en México e fundada en 2007 en Cidade de México. O seu obxectivo é mellorar o benestar da sociedade a través da actuación empresarial, así como fomentar as relacións económicas entre os Estados Unidos Mexicanos e España a través da comunidade autónoma de Galicia. O encontro informativo ao que asistiu o secretario xeral da Emigración é un dos que se celebran periodicamente ao longo do ano para potenciar a actividade económica destas empresas e afianzar as relacións México-Galicia.
Novas relacionadas